MULLER LOBA

                                                  MULLER LOBA?
A muller loba é unha moza morena de pel clara e de estatura media ten arredor duns 20 anos xa que ninguén sabe con exactitude a súa idade. Vive nun lugar do concello de Baños de Molgas. a moza sempre anda soa ou iso cren na aldea xa que ninguén a viiu con outras persoas que non fosen a súa nai ou o seu irmán e só a ven polo día,pola noite ninguén a viu nunca.

Un día,unha anciá estaba paseando polos arredores da súa casa e entrando xa a noite, a anciá comezou a oír un ruído e asustouse. Ao día seguinte  a anciá dixollo ás súas amigas e elas dixéronlle que podía ser que  volvera haber lobos pola zona aínda que a maioría estaban nun penedo ao outro lado do lugar. Uns días máis tarde un mozo que ía camiñando pola rúa sorprendentemente viu á moza ir cara ó monte e decidiu seguila porque non era nada habitual vela a esas horas da noite. Tras estar seguindoa un anaco o mozo deuse de conta que se dirixían ao monte. O mozo deuse a volta xa que sentía que alguén o estaba observando e cando se deu a volta de novo xa non viu a ninguén , desconcertado volveu á casa. O rapaz preguntoulle á súa nai pola rapaza e a nai díxolle que a xente  dicía que era unha muller lobo polas noites, porque ninguén a vía saír da súa casa pero sí volver pola mañá. Varios días despois apareceron uns cans mortos preto do bosque,estaban tirados no medio da rúa con trabadas no pescozo. A xente comezou a dicir que fora a moza que se covertira en loba e quería cazar algo e ao non encontar nada matou os cans.

A moza ao oír isto decidiu marchar do lugar e vivir no bosque ela soa para que ninguén á molestara.O rapaz foi ao bosque e encontrou o penedo dos lobos, comezou a buscar a rapaza e esta apareceu e díxolle que se tiña que ir antes de que caera a noite porque ela conertiríase en loba e podíao matar. dende ese día ninguén volveu ver a rapaza e o rapaz comezou a chamar a ese penedo o penedo da loba porque alí a última vez que viu a rapaza.












Comentarios

Publicacións populares deste blog