Publicacións

BIBLIOTRÁILER

Recomendo Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz porque a historia ten moito misterio e invita  a descubrir os sucesos que acontecen nunha casa.

DÍA DA PAZ

Imaxe

MULLER LOBA

Imaxe
                                                  MULLER LOBA? A muller loba é unha moza morena de pel clara e de estatura media ten arredor duns 20 anos xa que ninguén sabe con exactitude a súa idade. Vive nun lugar do concello de Baños de Molgas. a moza sempre anda soa ou iso cren na aldea xa que ninguén a viiu con outras persoas que non fosen a súa nai ou o seu irmán e só a ven polo día,pola noite ninguén a viu nunca. Un día,unha anciá estaba paseando polos arredores da súa casa e entrando xa a noite, a anciá comezou a oír un ruído e asustouse. Ao día seguinte  a anciá dixollo ás súas amigas e elas dixéronlle que podía ser que  volvera haber lobos pola zona aínda que a maioría estaban nun penedo ao outro lado do lugar. Uns días máis tarde un mozo que ía camiñando pola rúa sorprendentemente viu á moza ir cara ó monte e decidiu seguila porque non era nada habitual vela a esas horas da noite. Tras estar seguindoa un anaco o mozo deuse de conta que se dirixían ao monte. O mozo de

ASÍ SON EU :COMO ME VEN?

Leire é unha rapaza alegre e diverdida, aínda que non se enfada moitas veces cando o fai faino de verdade. Coñézcoa dende que éramos moi pequenas, e quéroa moito aínda que as veces ten un carácter un pouco difícil. (Iria, mellor amiga) Leire é unha rapaza un pouco desornada, ten un carácter forte aínda que é unha rapaza alegre, tamén é un pouco desordenada e as veces tamén un pouco desorganizada, non é unha rapaza moi cariñosa. Gústanlle moito os coche os coches e tamén ir ó cine coas súas amigas   e a súa mellor amiga chámase Iria. (Érika , nai)

A SÍ SON EU:GÚSTAME/ NON ME GUSTA

Imaxe
Gústame:              O xeado de piruleta, o biscoito de chocolate, a lasaña, os cans e os gatos, a cor rosa e o lila, o arco da vella, os días de choiva, o verán, pasar tempocoa miña familia e amigos, ir ao rally co meu avó, ir ao cine, os coches, pintar, viaxar, ver series pola noite, as películas de Marvel, a neve, escoitar música, a fotografía, os venres, os ollos azuis… Non me gusta:        Madrugar, o silencio, os días de vento, o tomate, a cebola, que falen durante unha película, o principio do verán, a area da praia, os pantalón de cores, as chaquetas longas, as películas de medo, as series de médicos, facer a cama, os días nubrados, correr, o Kas de mazá, que me corten o pelo, durmir con calcetíns, ter que esperar por  alguén, deitarme cedo, chegar tarde, os luns, o inverno, a cor mostaza, as arañas, as Mates…